sábado, 31 de julio de 2010

O meu é do xénero bobo

"Cuando me quiero explicar las palabras se esconden en no sé que sitio y entonces te escucho igual que el que escucha de lejos el tráfico de su ciudad y me pierdo en inmensas preguntas que lucen con esplendor y absurdidad"

Esas preguntas que se lle aparecen a Nacho Vegas igual que a rocha que se teletransporta aos abismos diante dos ollos de sísifo, unha e outra vez, cada vez que consigue pousala na cima da montaña é a cuestión importante do noso tempo: "viví, sufrí y amé, vale y ¿ahora qué?"

A vida é a cuestión por excelencia, afortunadamente, non hai resposta e a paixón desfaise no camiño morrendo intensamente en cada cuestión que se nos plantexa e na que nos necesitamos mergullar. O camiño do coñecemento é o máis coherente dos camiños dispostos no mapa e o primeiro paso é saber de que forma, con que vehículo, vas a enfrontar o camiño. Como dixo James Baldwin "a finalidade da arte é deixar ao descuberto as preguntas que quedaron ocultas polas respostas"....e eu collín ese tren.

Aquí comeza o camiño do "home de coñecemento", a estación fai a súa penúltima chamada, o tren respira fortemente, como preparándose e mentalizándose para comezar a viaxe, sei que pasaremos por Ixtlán e pouco máis; o tren,dividido en vagóns, cada un coa súa respectiva década de coñecemento; Eu respiro fondo, tentando acompasarme coa máquina, ás portas do meu vagón, lembro: "se as portas da percepción fosen depuradas, todo aparecería ante o home tal cual é: infinito", isto recórdame que aínda que intente buscar a Jim, o rei lagarto, nos vagóns dos 60 e 70, non o atoparei, de momento é me demasiado escurridizo, de momento. BOM! un vello mendigo tropeza de súpeto conmigo, ese contacto, conmóveme, semella ter algo de presa, a min ábrenseme as maletas ao caer e golpear o chan, agáchome para recollelas torpemente pero dame tempo a observar unha última vez ao home, sube nalgún vagón de entre finais do XIX e principios do XX. Detense na entrada, solemne, xira a cabeza e me observa, os seus ollos, brillando e coronando a súa magnífica barba branca, fanme sentir o máis pequeniño e insignificante da estación, el alí, erguido, maxestuoso, el, o León; eu, de xeonllos, con papeis, libros e roupas totalmente prescindibles enredándome as patas...aínda non sei o que son pero xa sei o que me gustaría ser de maior, ese León.

Pancho

(Xa dentro, xa asentado, repaso notas e decátome de que hai un sitio libre ao meu carón, está reservado para un amigo, o meu amigo, miro pola fiestra preocupado; ata o de agora sempre chegou aínda que tardase, estou acostumado a esperar pero esta vez....acabara chegando?)