sábado, 21 de mayo de 2011

Onde está a democracia?

Pequeno fragmento dunha conferencia de José Saramago, Premio Nobel de Literatura (gustaríame aclarar que dito premio non asegura nada, nin fai que sexas mellor persoa, científico, artista, político... dous claros exemplo de que ter ou non o Nobel non fai que sexas mellor ou peor son Grisha Perelman e Barack Obama, dous dos que prometo facer unha entrada algún día, polo menos do primeiro).

"Pronunciamos non sei cantos millóns de veces a palabra LIBERDADE, pero non sabemos o que é, porque non a vivimos, e a estamos interpretando con permisividade".José Saramago



"A alma humana é unha caixa dende onde sempre pode saltar un paiaso facéndonos mofa e sacándonos a lingua, pero hai ocasións nas que ese mesmo paiaso limítase a ollarnos dende o borde da caixa, e se ve que, por accidente, estamos procedendo segundo o que é xusto e honesto, asinte aprobando coa cabeza e desaparece pensando que todavía non somos un caso perdido."

martes, 17 de mayo de 2011

A orixe do nome

Ben rapaces, hoxe, día das letras galegas, é un día especial; tiñamos dúas opcións, ou facer unha homenaxe ao poeta lembrado nesta ocasión (Lois Pereiro), o cal non sería moi orixinal, ou, facer o que fixemos, falar das letras do blog, é dicir, de Pancho e Lefty.

O nome do blog ven desta fermosa canción de Townes van Zandt: "Pancho & Lefty", que fala dunha amizade eterna, máis aló da morte. A historia conta que Lefty xa non pode cantar porque lembra ao seu antigo compañeiro de festas, Pancho, ao que vendeu aos federales (era o que tiña que facer, di a canción). Eran bandidos en liberdade, Pancho converteuse nunha lenda do deserto e Lefty recordao cada noite dende un hotel de mala morte onde vive agora mentres faise vello. A razón de escoller este nome foi pola exaltación de liberdade e amizade aos que fai referencia cada persoa que cante esta canción.



Vivir na estrada, meu amigo,
mantívote libre e limpio.
Agora a túa pel tornouse de ferro
e o teu alento é máis duro cao queroseno.
non fuches o único fillo da túa nai,
pero sí o favorito, así parece.
Ela rompeu a chorar cando dixeches adeus
para afundirte nos teus soños.

Pancho era o xefe dunha banda.
O seu cabalo era máis rápido cao acero pulido.
Levaba a súa pistola por fora dos pantalóns.
Para que a xente de ben o puidera sentir,
Pancho encontrou o seu destino, xa o sabes,
alá abaixo, nos desertos de México.
Ninguén escoitou as súas derradeiras palabras.
Así é como foi.

Tódolos federales dicían
que o collerían calquer día
e deixábano merodear
sen aprecialo demasiado, supoño.

Lefty xa non pode cantar blues
durante toda a noite como adoitaba facer.
O polvo que mordeu Pancho alá abaixo
terminou na boca de Lefty.
O día que derribaron ao pobre Pancho,
Lefty partiu para Ohio
onde tiña o seu fogar,
sen que ninguén o soubera.

Tódolos federales dicían
que o collerían calquer día,
tan só agardaban un tropezo del,
sen aprecialo demasiado, supoño.

Os poetas narran a caída de Pancho,
Lefty vive nun hotel barato.
O deserto está calmado e Cleveland é fría,
así termina a historia que nós contamos.
Pancho necesita as vosas oracións, é certo,
pero gardade algunha para Lefty tamén.
El fixo o que tiña que facer
e agora faise vello.

Algúns federales de gris dicían
que o collerían calquer día.
Só agardaban a que cometera algún erro,
sen aprecialo demasiado, supoño.

domingo, 15 de mayo de 2011

Cambiando os paradigmas da educación

Este blog naceu, entre outras cousas, para intentar fomentar voces que, pensamos, son necesarias hoxe en día. Un dos elementos que as fan necesarias son esa visión crítica, esa perspectiva distinta desde onde falan invitando á reflexión sobre a organización social, sobre o camiño que escollemos andar na vida, non só nós como individuos senón, tamén, como sociedade, como especie. Por todo isto é necesario aproximarnos á reflexión obxectiva das cousas e abrir a nosa mente ante a posibilidade de cambiar o que xa dabamos por aprendido. Por todo isto é necesario Ken Robinson.

sábado, 14 de mayo de 2011

Regresión hacia Iñaki

Comezamos a falar de Iñaki polo final, agora achegámonos a el con esta pequena entrevista, non por iso menos interesante, na que expón a súa visión do alpinismo, que non é outra que a da vida misma. Os grandes falan do mesmo, e cando falan distíngueselles do resto. Houbo filósofos que fixeron teatro, novelas, aprenderon a grandes líderes hitóricos e tamén que subiron oitomiles.

domingo, 8 de mayo de 2011

Séculos escuros séculos presentes

Todavía existe a crenza xeneralizada de que vivimos nunha época de liberdades sen parangón cando o simple feito de que democracia e capitalismo vaian da man xa resulta pintoresco, máis se cabe, vendo como as grandes potencias impoñen a súa liberdade a través da democracia coma se esta fose a lexítima forma de goberno. Que a palabra liberdade estea en boca de tantos non quere decir que esta non sexa unha simple ilusión, sobre todo cando chegan aos nosos oídos pseudoteorías como a que nos propoñen Friedman e os seus seguidores dicindo que a liberdade humana pasa por liberalizar os mercados, ou sexa, o monetarismo, un invento do ser humano, liberará ao ser humano, pero que clase de broma é esta? O problema non é que esta xente diga o que di, que supoño a todo o mundo lle parecerá respetable, o problema é que a xente defenda estas teorías enmacasradas dentro dunha democracia cada vez máis decadente na que non resulta moi complicado ver as tendencias fanáticas desta sociedade. Coma os séculos escuros son chegados, non nos queda outra que difundir verdades para poder atopar algún chisco de luz, que algún día chegará.

sábado, 7 de mayo de 2011

Grandes descoñecidos

Pois sí xente, grupos que che dan unha boa sorpresa nun festival alternativo pero dos que non sabes nada nos cuarenta principais. Grupos de calidade, músicos de calidade, cantantes de calidade. Ahí vai, un par deles:

Dende Valladolid, Arizona Baby:



Dende Santiago de Compostela, Los reyes del K. O.:

viernes, 6 de mayo de 2011

Stuck in the middle with you

Aquí vos deixo unha canción do grupo Stealers Wheel, Stuck in the middel with you. Grupo Escocés da década dos 70 que se rexuntou no 2008 e todavía segue en activo.



Podedes recordala soando de fondo na famosa escea de Reservoir dogs (1992), na que o Sr. Rubio córtalle a orella a un policía, cousa que por certo, debería suceder máis a miúdo. Aí vos queda o link http://youtu.be/9mCfzQOyANk?hd=1

Escea de indudable trascendencia na historia do cine, homenaxeada pola serie The Simpsons