domingo, 10 de julio de 2011

Deudocracia

Aló polos anos setenta aos paises capitalistas maduros resultáballes difícil acumular riquezas. Nesa crise centrouse fundamentalmente no poder dos traballadores que por entón era moi forte en rexións coma Europa e nos EE.UU. O resultado foi unha gran presión sobre os salarios. Os TRABALLADORES ESTABAN ORGANIZADOS, tiñan un gran poder político, no estado e nas eleccións. E iso era un gran problema para o capital. Así que o capital tivo que disciplinar aos traballadores.

"A política é a segunda profesión máis antiga da historia. As veces coido que parécese moito á primeira" Ronald Reagan, presidente dos EE.UU. 20 de xaneiro de 1981 – 20 de xaneiro de 1989.

jueves, 30 de junio de 2011

Frases célebres, estatística.

A primeira lección que debe vostede aprender é que cando pido estatísticas acerca da mortandade infantil,o que quero é probar que morren menos nenos baixo meu mandato que cando o primeiro ministro era outro. Iso é sestatística política,Sir Winston Churchill.

Hay tres clases de mentiras: mentiras, condenadas mentiras e estatísticas. Benjamin Disraeli(Mark Twain)

Os feitos son incontestables pero as estatísticas son máis flexibles. Mark Twain

Viñen cargado con estatísticas porque dinme conta que unha persoa non puede probar nada sen estatísticas. Mark Twain

Estatística: A única ciencia que permite que diferentes expertos usen os mesmos resultados para extraer conclusiones dispares. EvanEsar(Esar'sComic Dictionary)

A teoría de probabilidades non é nada máis no fondo que sentido común reducido a cálculo. Pierre Simon Laplace

A Estatística pode ser definida coma un conxunto de métodos para tomar sabias decisións cando nos enfrentamos á incertidume. W. Allen Wallis

¿Como van a ser fiables os datos de audiencia se sólo hai 4000 audímetros para 40 Mill. de hespañois.? -Ana García Obregón

O 90% dos conductores consideranse millores conductores que a media. Enquisa a pé de rúa.

jueves, 16 de junio de 2011

Xuntanza

Nesta ocasión imosvos propor dous pequenos acertixos, realmente o único que hai que facer é contar, así que malo será que algún dos máis de 1000 lectores que consultaron este blog non sexa capaz de acertalo. Nunha reunión de dez vellos amigos, entre os cales non se atopa Pancho, diponse dunha dunha mesa con 10 sitios. Os sitios dispoñense de forma lonxitudinal ó longo da mesa, é dicir, coma no famoso cadro da Última Cea de Leonardo, seguramente porque no fondo do local haxa unha televisión retrasmitindo un encontro do Celta de Vigo. A primeira pregunta é, cantas formas diferentes hai de sentar aos dez comensais? E a segunda, e se a mesa fose redonda?

Velaí vos queda un pequeno pasatempo de dificultade relativamente baixa, cando alguén consiga a resposta que a publique! De seren tódolos acertantes tan timidos coma para non publicar a resposta, cando alguén a pida será publicada.

viernes, 10 de junio de 2011

Realidade da UE

Para rematar cos días escuros que tinguiron o solpor deste blog nunha longa noite de pedra publicamos un pequeno video de doada dixestión continuando un pouco co tema do anterior, xa hai case un mes.

El gran casino europeo from ATTAC.TV on Vimeo.

sábado, 21 de mayo de 2011

Onde está a democracia?

Pequeno fragmento dunha conferencia de José Saramago, Premio Nobel de Literatura (gustaríame aclarar que dito premio non asegura nada, nin fai que sexas mellor persoa, científico, artista, político... dous claros exemplo de que ter ou non o Nobel non fai que sexas mellor ou peor son Grisha Perelman e Barack Obama, dous dos que prometo facer unha entrada algún día, polo menos do primeiro).

"Pronunciamos non sei cantos millóns de veces a palabra LIBERDADE, pero non sabemos o que é, porque non a vivimos, e a estamos interpretando con permisividade".José Saramago



"A alma humana é unha caixa dende onde sempre pode saltar un paiaso facéndonos mofa e sacándonos a lingua, pero hai ocasións nas que ese mesmo paiaso limítase a ollarnos dende o borde da caixa, e se ve que, por accidente, estamos procedendo segundo o que é xusto e honesto, asinte aprobando coa cabeza e desaparece pensando que todavía non somos un caso perdido."

martes, 17 de mayo de 2011

A orixe do nome

Ben rapaces, hoxe, día das letras galegas, é un día especial; tiñamos dúas opcións, ou facer unha homenaxe ao poeta lembrado nesta ocasión (Lois Pereiro), o cal non sería moi orixinal, ou, facer o que fixemos, falar das letras do blog, é dicir, de Pancho e Lefty.

O nome do blog ven desta fermosa canción de Townes van Zandt: "Pancho & Lefty", que fala dunha amizade eterna, máis aló da morte. A historia conta que Lefty xa non pode cantar porque lembra ao seu antigo compañeiro de festas, Pancho, ao que vendeu aos federales (era o que tiña que facer, di a canción). Eran bandidos en liberdade, Pancho converteuse nunha lenda do deserto e Lefty recordao cada noite dende un hotel de mala morte onde vive agora mentres faise vello. A razón de escoller este nome foi pola exaltación de liberdade e amizade aos que fai referencia cada persoa que cante esta canción.



Vivir na estrada, meu amigo,
mantívote libre e limpio.
Agora a túa pel tornouse de ferro
e o teu alento é máis duro cao queroseno.
non fuches o único fillo da túa nai,
pero sí o favorito, así parece.
Ela rompeu a chorar cando dixeches adeus
para afundirte nos teus soños.

Pancho era o xefe dunha banda.
O seu cabalo era máis rápido cao acero pulido.
Levaba a súa pistola por fora dos pantalóns.
Para que a xente de ben o puidera sentir,
Pancho encontrou o seu destino, xa o sabes,
alá abaixo, nos desertos de México.
Ninguén escoitou as súas derradeiras palabras.
Así é como foi.

Tódolos federales dicían
que o collerían calquer día
e deixábano merodear
sen aprecialo demasiado, supoño.

Lefty xa non pode cantar blues
durante toda a noite como adoitaba facer.
O polvo que mordeu Pancho alá abaixo
terminou na boca de Lefty.
O día que derribaron ao pobre Pancho,
Lefty partiu para Ohio
onde tiña o seu fogar,
sen que ninguén o soubera.

Tódolos federales dicían
que o collerían calquer día,
tan só agardaban un tropezo del,
sen aprecialo demasiado, supoño.

Os poetas narran a caída de Pancho,
Lefty vive nun hotel barato.
O deserto está calmado e Cleveland é fría,
así termina a historia que nós contamos.
Pancho necesita as vosas oracións, é certo,
pero gardade algunha para Lefty tamén.
El fixo o que tiña que facer
e agora faise vello.

Algúns federales de gris dicían
que o collerían calquer día.
Só agardaban a que cometera algún erro,
sen aprecialo demasiado, supoño.

domingo, 15 de mayo de 2011

Cambiando os paradigmas da educación

Este blog naceu, entre outras cousas, para intentar fomentar voces que, pensamos, son necesarias hoxe en día. Un dos elementos que as fan necesarias son esa visión crítica, esa perspectiva distinta desde onde falan invitando á reflexión sobre a organización social, sobre o camiño que escollemos andar na vida, non só nós como individuos senón, tamén, como sociedade, como especie. Por todo isto é necesario aproximarnos á reflexión obxectiva das cousas e abrir a nosa mente ante a posibilidade de cambiar o que xa dabamos por aprendido. Por todo isto é necesario Ken Robinson.

sábado, 14 de mayo de 2011

Regresión hacia Iñaki

Comezamos a falar de Iñaki polo final, agora achegámonos a el con esta pequena entrevista, non por iso menos interesante, na que expón a súa visión do alpinismo, que non é outra que a da vida misma. Os grandes falan do mesmo, e cando falan distíngueselles do resto. Houbo filósofos que fixeron teatro, novelas, aprenderon a grandes líderes hitóricos e tamén que subiron oitomiles.

domingo, 8 de mayo de 2011

Séculos escuros séculos presentes

Todavía existe a crenza xeneralizada de que vivimos nunha época de liberdades sen parangón cando o simple feito de que democracia e capitalismo vaian da man xa resulta pintoresco, máis se cabe, vendo como as grandes potencias impoñen a súa liberdade a través da democracia coma se esta fose a lexítima forma de goberno. Que a palabra liberdade estea en boca de tantos non quere decir que esta non sexa unha simple ilusión, sobre todo cando chegan aos nosos oídos pseudoteorías como a que nos propoñen Friedman e os seus seguidores dicindo que a liberdade humana pasa por liberalizar os mercados, ou sexa, o monetarismo, un invento do ser humano, liberará ao ser humano, pero que clase de broma é esta? O problema non é que esta xente diga o que di, que supoño a todo o mundo lle parecerá respetable, o problema é que a xente defenda estas teorías enmacasradas dentro dunha democracia cada vez máis decadente na que non resulta moi complicado ver as tendencias fanáticas desta sociedade. Coma os séculos escuros son chegados, non nos queda outra que difundir verdades para poder atopar algún chisco de luz, que algún día chegará.

sábado, 7 de mayo de 2011

Grandes descoñecidos

Pois sí xente, grupos que che dan unha boa sorpresa nun festival alternativo pero dos que non sabes nada nos cuarenta principais. Grupos de calidade, músicos de calidade, cantantes de calidade. Ahí vai, un par deles:

Dende Valladolid, Arizona Baby:



Dende Santiago de Compostela, Los reyes del K. O.:

viernes, 6 de mayo de 2011

Stuck in the middle with you

Aquí vos deixo unha canción do grupo Stealers Wheel, Stuck in the middel with you. Grupo Escocés da década dos 70 que se rexuntou no 2008 e todavía segue en activo.



Podedes recordala soando de fondo na famosa escea de Reservoir dogs (1992), na que o Sr. Rubio córtalle a orella a un policía, cousa que por certo, debería suceder máis a miúdo. Aí vos queda o link http://youtu.be/9mCfzQOyANk?hd=1

Escea de indudable trascendencia na historia do cine, homenaxeada pola serie The Simpsons

sábado, 23 de abril de 2011

Cuando En Sesiones Dulces Y Calladas...

Cuando en sesiones dulces y calladas
hago comparecer a los recuerdos,
suspiro por lo mucho que he deseado
y lloro el bello tiempo que he perdido,

la aridez de los ojos se me inunda
por los que envuelve la infinita noche
y renuevo el plañir de amores muertos
y gimo por imágenes borradas.

Así, afligido por remotas penas,
puedo de mis dolores ya sufridos
la cuenta rehacer, uno por uno,
y volver a pagar lo ya pagado.

Pero si entonces pienso en ti, mis pérdidas
se compensan, y cede mi amargura.

miércoles, 20 de abril de 2011

A + O = Anarquía é Orden.

Xa está difundida a A metida nun círculo e é tan coñecida e recoñecida que rematou por ser considerada como un símbolo tradicional, que foi "de sempre". A A nun círculo nace no 1964 en París e en 1966 en Milán. En abril de 1964 cundo no boletín interno das Jeunesses Libertaries (é decir, dos xoves anarquistas franceses: catro gatos, nesa época, os xoves anarquistas en Francia, como en Italia) aparece a proposta dun signo gráfico para o conxunto do movemento anarquista, máis alá das distintas tendencias, grupos e federacións.

O signo gráfico proposto é unha A maiúscula inscrita nun círculo quizá por la derivación do xa extendido símbolo antimilitarista, no que a "pata de galiña" se substitue pola letra inicial da palabra anarquía en todalas linguas europeas.

É preciso esperar ata comenzos do 1966 para que o símbolo da A circulada, proposto polas Jenuesses Libertaires, sea retomado e utilizado, en principio de maneira "experimental", despois regular, pola Gioventú Libertaria de Milán, un grupo de xoves anarquistas, que tiña relacións fraternais cos xoves parisinos, con quenes constituira unha efímera, pero altisoante Federation Internationale des Jeunesses Libertaires. E dende entón o signo comeza a súa andaina pública. Primeiro en Milán, onde se converte en firma corrente nos panfletos e carteis dos xoves anarquistas, para despois volver a Francia e difundirse bastante rápido polo mundo adiante. Marianne Enckell di que non existen evidencias do uso da A circulada durante o maoo parisino e ter atopado escasas probas da sua presencia fora de Italia ata 1972-73.

É a comezos dos 70, cando a A circulada "explota" cunha espontánea apropiación simultanea por parte dos anarquistas en todo o mundo: un éxito estrepitoso que fixo decir a algún que, se o seu inventor patentara a A circulada, sería hoxe millonario.

martes, 19 de abril de 2011

A noite do cantautor

Para compensar a última entrada de Lefty só podo reunir aos mellores dos mellores para intentar arranxar algo este blog. Ademais aproveito para abrir o debate sobre quen é o mellor compositor para os nosos numerosos seguidores, ou para que poidades comentar cal é o voso favorito.









lunes, 18 de abril de 2011

Coleccionar cromos de fútbol

Cando queiras facer algo ben, telo que facer ti mesmo. Iso é algo que todo o mundo sabe e que este personaxe leva até as últimas consecuencias. Outra cousa a parte son as súas habilidades lingüísticas, o mismísimo Manuel María sudaría tinta china intentando igualar tal despregue de sinónimos.

"esto es como hacer una tortilla uno mismo que sabes que te va a gustar o comer una del bar que no sabes si te gustará o no te gustará"

domingo, 3 de abril de 2011

Ryszard Cieslak

Un dos máis importantes actores do século XX. Actor principal da compañía Teatro Laboratorio de Jerzy Grotowski.

"Cando penso en Ryszard Cieslak, penso nun actor creativo. A min
paréceme que realmente era a encarnación dun actor que actúa do mesmo xeito ca un poeta escribe, ou que Van Gogh pintaba."
J. Grotowski.

Ésta é unha mostra do seu traballo en canto á preparación actoral. Un auténtico tesouro da historia do teatro.
Ryszard Cieslak. Plásticos.








Ryszard Cieslak. Corporais.





Iñaki Ochoa de Olza

Esta é a historia de Iñaki Ochoa de Olza, inspiración pura para nós, os que intentamos saír do seudovivir para acadar a catarse dunha vida no presente e só no presente, nese instante no que vida e morte son o mesmo e non hai vacilacións, non hai dúbidas, non hai elementos materialistas. Só existe o ser. Grazas a Iñaki, Horia, Urubko...por manter prendida a luz que sinala o camiño.











A familia de Iñaki leva a ong sos himalaya que axuda aos nenos deste territorio. Podes axudar mercando o libro:
"Bajo los cielos de Asia". Libro moi recomendable,divertido e profundo.





Pancho e Lefty co celta

Retrasmisión en directo do mellor futbol galego. Hoxe Betis-Celta.