domingo, 8 de mayo de 2011

Séculos escuros séculos presentes

Todavía existe a crenza xeneralizada de que vivimos nunha época de liberdades sen parangón cando o simple feito de que democracia e capitalismo vaian da man xa resulta pintoresco, máis se cabe, vendo como as grandes potencias impoñen a súa liberdade a través da democracia coma se esta fose a lexítima forma de goberno. Que a palabra liberdade estea en boca de tantos non quere decir que esta non sexa unha simple ilusión, sobre todo cando chegan aos nosos oídos pseudoteorías como a que nos propoñen Friedman e os seus seguidores dicindo que a liberdade humana pasa por liberalizar os mercados, ou sexa, o monetarismo, un invento do ser humano, liberará ao ser humano, pero que clase de broma é esta? O problema non é que esta xente diga o que di, que supoño a todo o mundo lle parecerá respetable, o problema é que a xente defenda estas teorías enmacasradas dentro dunha democracia cada vez máis decadente na que non resulta moi complicado ver as tendencias fanáticas desta sociedade. Coma os séculos escuros son chegados, non nos queda outra que difundir verdades para poder atopar algún chisco de luz, que algún día chegará.

1 comentario:

  1. hei, "tin", moloume moito o vídeo, por certo, o libro que se menciona ao final, se non me equivoco, é o libro do que sacaron o seu nome os The Doors, polo das portas da percepción e tal

    ResponderEliminar