martes, 17 de mayo de 2011

A orixe do nome

Ben rapaces, hoxe, día das letras galegas, é un día especial; tiñamos dúas opcións, ou facer unha homenaxe ao poeta lembrado nesta ocasión (Lois Pereiro), o cal non sería moi orixinal, ou, facer o que fixemos, falar das letras do blog, é dicir, de Pancho e Lefty.

O nome do blog ven desta fermosa canción de Townes van Zandt: "Pancho & Lefty", que fala dunha amizade eterna, máis aló da morte. A historia conta que Lefty xa non pode cantar porque lembra ao seu antigo compañeiro de festas, Pancho, ao que vendeu aos federales (era o que tiña que facer, di a canción). Eran bandidos en liberdade, Pancho converteuse nunha lenda do deserto e Lefty recordao cada noite dende un hotel de mala morte onde vive agora mentres faise vello. A razón de escoller este nome foi pola exaltación de liberdade e amizade aos que fai referencia cada persoa que cante esta canción.



Vivir na estrada, meu amigo,
mantívote libre e limpio.
Agora a túa pel tornouse de ferro
e o teu alento é máis duro cao queroseno.
non fuches o único fillo da túa nai,
pero sí o favorito, así parece.
Ela rompeu a chorar cando dixeches adeus
para afundirte nos teus soños.

Pancho era o xefe dunha banda.
O seu cabalo era máis rápido cao acero pulido.
Levaba a súa pistola por fora dos pantalóns.
Para que a xente de ben o puidera sentir,
Pancho encontrou o seu destino, xa o sabes,
alá abaixo, nos desertos de México.
Ninguén escoitou as súas derradeiras palabras.
Así é como foi.

Tódolos federales dicían
que o collerían calquer día
e deixábano merodear
sen aprecialo demasiado, supoño.

Lefty xa non pode cantar blues
durante toda a noite como adoitaba facer.
O polvo que mordeu Pancho alá abaixo
terminou na boca de Lefty.
O día que derribaron ao pobre Pancho,
Lefty partiu para Ohio
onde tiña o seu fogar,
sen que ninguén o soubera.

Tódolos federales dicían
que o collerían calquer día,
tan só agardaban un tropezo del,
sen aprecialo demasiado, supoño.

Os poetas narran a caída de Pancho,
Lefty vive nun hotel barato.
O deserto está calmado e Cleveland é fría,
así termina a historia que nós contamos.
Pancho necesita as vosas oracións, é certo,
pero gardade algunha para Lefty tamén.
El fixo o que tiña que facer
e agora faise vello.

Algúns federales de gris dicían
que o collerían calquer día.
Só agardaban a que cometera algún erro,
sen aprecialo demasiado, supoño.

1 comentario:

  1. Non está feito o mel para os beizos do asno nin as normas para quen non as sabe acatar, xa haberá días para Lois, o noso Lois, un grande que fala no que lle peta coma nós. Terá os días que queiramos. Nos tempos que corren, sorte ter amigo.

    ResponderEliminar