sábado, 21 de mayo de 2011

Onde está a democracia?

Pequeno fragmento dunha conferencia de José Saramago, Premio Nobel de Literatura (gustaríame aclarar que dito premio non asegura nada, nin fai que sexas mellor persoa, científico, artista, político... dous claros exemplo de que ter ou non o Nobel non fai que sexas mellor ou peor son Grisha Perelman e Barack Obama, dous dos que prometo facer unha entrada algún día, polo menos do primeiro).

"Pronunciamos non sei cantos millóns de veces a palabra LIBERDADE, pero non sabemos o que é, porque non a vivimos, e a estamos interpretando con permisividade".José Saramago



"A alma humana é unha caixa dende onde sempre pode saltar un paiaso facéndonos mofa e sacándonos a lingua, pero hai ocasións nas que ese mesmo paiaso limítase a ollarnos dende o borde da caixa, e se ve que, por accidente, estamos procedendo segundo o que é xusto e honesto, asinte aprobando coa cabeza e desaparece pensando que todavía non somos un caso perdido."

1 comentario:

  1. Que grande Saramago, teño un libro del, esaio sobre a lucidez, cando queiras, xa sabes :D bueno, moitas gracias por subir este video! incrible! pero moito ollo cando fales de Perelman jejeje por certo a ver se subo un dia destes a foto del XDDDDD

    ResponderEliminar