jueves, 30 de junio de 2011

Frases célebres, estatística.

A primeira lección que debe vostede aprender é que cando pido estatísticas acerca da mortandade infantil,o que quero é probar que morren menos nenos baixo meu mandato que cando o primeiro ministro era outro. Iso é sestatística política,Sir Winston Churchill.

Hay tres clases de mentiras: mentiras, condenadas mentiras e estatísticas. Benjamin Disraeli(Mark Twain)

Os feitos son incontestables pero as estatísticas son máis flexibles. Mark Twain

Viñen cargado con estatísticas porque dinme conta que unha persoa non puede probar nada sen estatísticas. Mark Twain

Estatística: A única ciencia que permite que diferentes expertos usen os mesmos resultados para extraer conclusiones dispares. EvanEsar(Esar'sComic Dictionary)

A teoría de probabilidades non é nada máis no fondo que sentido común reducido a cálculo. Pierre Simon Laplace

A Estatística pode ser definida coma un conxunto de métodos para tomar sabias decisións cando nos enfrentamos á incertidume. W. Allen Wallis

¿Como van a ser fiables os datos de audiencia se sólo hai 4000 audímetros para 40 Mill. de hespañois.? -Ana García Obregón

O 90% dos conductores consideranse millores conductores que a media. Enquisa a pé de rúa.

jueves, 16 de junio de 2011

Xuntanza

Nesta ocasión imosvos propor dous pequenos acertixos, realmente o único que hai que facer é contar, así que malo será que algún dos máis de 1000 lectores que consultaron este blog non sexa capaz de acertalo. Nunha reunión de dez vellos amigos, entre os cales non se atopa Pancho, diponse dunha dunha mesa con 10 sitios. Os sitios dispoñense de forma lonxitudinal ó longo da mesa, é dicir, coma no famoso cadro da Última Cea de Leonardo, seguramente porque no fondo do local haxa unha televisión retrasmitindo un encontro do Celta de Vigo. A primeira pregunta é, cantas formas diferentes hai de sentar aos dez comensais? E a segunda, e se a mesa fose redonda?

Velaí vos queda un pequeno pasatempo de dificultade relativamente baixa, cando alguén consiga a resposta que a publique! De seren tódolos acertantes tan timidos coma para non publicar a resposta, cando alguén a pida será publicada.

viernes, 10 de junio de 2011

Realidade da UE

Para rematar cos días escuros que tinguiron o solpor deste blog nunha longa noite de pedra publicamos un pequeno video de doada dixestión continuando un pouco co tema do anterior, xa hai case un mes.

El gran casino europeo from ATTAC.TV on Vimeo.