domingo, 10 de julio de 2011

Deudocracia

Aló polos anos setenta aos paises capitalistas maduros resultáballes difícil acumular riquezas. Nesa crise centrouse fundamentalmente no poder dos traballadores que por entón era moi forte en rexións coma Europa e nos EE.UU. O resultado foi unha gran presión sobre os salarios. Os TRABALLADORES ESTABAN ORGANIZADOS, tiñan un gran poder político, no estado e nas eleccións. E iso era un gran problema para o capital. Así que o capital tivo que disciplinar aos traballadores.

"A política é a segunda profesión máis antiga da historia. As veces coido que parécese moito á primeira" Ronald Reagan, presidente dos EE.UU. 20 de xaneiro de 1981 – 20 de xaneiro de 1989.

jueves, 30 de junio de 2011

Frases célebres, estatística.

A primeira lección que debe vostede aprender é que cando pido estatísticas acerca da mortandade infantil,o que quero é probar que morren menos nenos baixo meu mandato que cando o primeiro ministro era outro. Iso é sestatística política,Sir Winston Churchill.

Hay tres clases de mentiras: mentiras, condenadas mentiras e estatísticas. Benjamin Disraeli(Mark Twain)

Os feitos son incontestables pero as estatísticas son máis flexibles. Mark Twain

Viñen cargado con estatísticas porque dinme conta que unha persoa non puede probar nada sen estatísticas. Mark Twain

Estatística: A única ciencia que permite que diferentes expertos usen os mesmos resultados para extraer conclusiones dispares. EvanEsar(Esar'sComic Dictionary)

A teoría de probabilidades non é nada máis no fondo que sentido común reducido a cálculo. Pierre Simon Laplace

A Estatística pode ser definida coma un conxunto de métodos para tomar sabias decisións cando nos enfrentamos á incertidume. W. Allen Wallis

¿Como van a ser fiables os datos de audiencia se sólo hai 4000 audímetros para 40 Mill. de hespañois.? -Ana García Obregón

O 90% dos conductores consideranse millores conductores que a media. Enquisa a pé de rúa.

jueves, 16 de junio de 2011

Xuntanza

Nesta ocasión imosvos propor dous pequenos acertixos, realmente o único que hai que facer é contar, así que malo será que algún dos máis de 1000 lectores que consultaron este blog non sexa capaz de acertalo. Nunha reunión de dez vellos amigos, entre os cales non se atopa Pancho, diponse dunha dunha mesa con 10 sitios. Os sitios dispoñense de forma lonxitudinal ó longo da mesa, é dicir, coma no famoso cadro da Última Cea de Leonardo, seguramente porque no fondo do local haxa unha televisión retrasmitindo un encontro do Celta de Vigo. A primeira pregunta é, cantas formas diferentes hai de sentar aos dez comensais? E a segunda, e se a mesa fose redonda?

Velaí vos queda un pequeno pasatempo de dificultade relativamente baixa, cando alguén consiga a resposta que a publique! De seren tódolos acertantes tan timidos coma para non publicar a resposta, cando alguén a pida será publicada.

viernes, 10 de junio de 2011

Realidade da UE

Para rematar cos días escuros que tinguiron o solpor deste blog nunha longa noite de pedra publicamos un pequeno video de doada dixestión continuando un pouco co tema do anterior, xa hai case un mes.

El gran casino europeo from ATTAC.TV on Vimeo.

sábado, 21 de mayo de 2011

Onde está a democracia?

Pequeno fragmento dunha conferencia de José Saramago, Premio Nobel de Literatura (gustaríame aclarar que dito premio non asegura nada, nin fai que sexas mellor persoa, científico, artista, político... dous claros exemplo de que ter ou non o Nobel non fai que sexas mellor ou peor son Grisha Perelman e Barack Obama, dous dos que prometo facer unha entrada algún día, polo menos do primeiro).

"Pronunciamos non sei cantos millóns de veces a palabra LIBERDADE, pero non sabemos o que é, porque non a vivimos, e a estamos interpretando con permisividade".José Saramago



"A alma humana é unha caixa dende onde sempre pode saltar un paiaso facéndonos mofa e sacándonos a lingua, pero hai ocasións nas que ese mesmo paiaso limítase a ollarnos dende o borde da caixa, e se ve que, por accidente, estamos procedendo segundo o que é xusto e honesto, asinte aprobando coa cabeza e desaparece pensando que todavía non somos un caso perdido."

martes, 17 de mayo de 2011

A orixe do nome

Ben rapaces, hoxe, día das letras galegas, é un día especial; tiñamos dúas opcións, ou facer unha homenaxe ao poeta lembrado nesta ocasión (Lois Pereiro), o cal non sería moi orixinal, ou, facer o que fixemos, falar das letras do blog, é dicir, de Pancho e Lefty.

O nome do blog ven desta fermosa canción de Townes van Zandt: "Pancho & Lefty", que fala dunha amizade eterna, máis aló da morte. A historia conta que Lefty xa non pode cantar porque lembra ao seu antigo compañeiro de festas, Pancho, ao que vendeu aos federales (era o que tiña que facer, di a canción). Eran bandidos en liberdade, Pancho converteuse nunha lenda do deserto e Lefty recordao cada noite dende un hotel de mala morte onde vive agora mentres faise vello. A razón de escoller este nome foi pola exaltación de liberdade e amizade aos que fai referencia cada persoa que cante esta canción.



Vivir na estrada, meu amigo,
mantívote libre e limpio.
Agora a túa pel tornouse de ferro
e o teu alento é máis duro cao queroseno.
non fuches o único fillo da túa nai,
pero sí o favorito, así parece.
Ela rompeu a chorar cando dixeches adeus
para afundirte nos teus soños.

Pancho era o xefe dunha banda.
O seu cabalo era máis rápido cao acero pulido.
Levaba a súa pistola por fora dos pantalóns.
Para que a xente de ben o puidera sentir,
Pancho encontrou o seu destino, xa o sabes,
alá abaixo, nos desertos de México.
Ninguén escoitou as súas derradeiras palabras.
Así é como foi.

Tódolos federales dicían
que o collerían calquer día
e deixábano merodear
sen aprecialo demasiado, supoño.

Lefty xa non pode cantar blues
durante toda a noite como adoitaba facer.
O polvo que mordeu Pancho alá abaixo
terminou na boca de Lefty.
O día que derribaron ao pobre Pancho,
Lefty partiu para Ohio
onde tiña o seu fogar,
sen que ninguén o soubera.

Tódolos federales dicían
que o collerían calquer día,
tan só agardaban un tropezo del,
sen aprecialo demasiado, supoño.

Os poetas narran a caída de Pancho,
Lefty vive nun hotel barato.
O deserto está calmado e Cleveland é fría,
así termina a historia que nós contamos.
Pancho necesita as vosas oracións, é certo,
pero gardade algunha para Lefty tamén.
El fixo o que tiña que facer
e agora faise vello.

Algúns federales de gris dicían
que o collerían calquer día.
Só agardaban a que cometera algún erro,
sen aprecialo demasiado, supoño.