miércoles, 20 de abril de 2011

A + O = Anarquía é Orden.

Xa está difundida a A metida nun círculo e é tan coñecida e recoñecida que rematou por ser considerada como un símbolo tradicional, que foi "de sempre". A A nun círculo nace no 1964 en París e en 1966 en Milán. En abril de 1964 cundo no boletín interno das Jeunesses Libertaries (é decir, dos xoves anarquistas franceses: catro gatos, nesa época, os xoves anarquistas en Francia, como en Italia) aparece a proposta dun signo gráfico para o conxunto do movemento anarquista, máis alá das distintas tendencias, grupos e federacións.

O signo gráfico proposto é unha A maiúscula inscrita nun círculo quizá por la derivación do xa extendido símbolo antimilitarista, no que a "pata de galiña" se substitue pola letra inicial da palabra anarquía en todalas linguas europeas.

É preciso esperar ata comenzos do 1966 para que o símbolo da A circulada, proposto polas Jenuesses Libertaires, sea retomado e utilizado, en principio de maneira "experimental", despois regular, pola Gioventú Libertaria de Milán, un grupo de xoves anarquistas, que tiña relacións fraternais cos xoves parisinos, con quenes constituira unha efímera, pero altisoante Federation Internationale des Jeunesses Libertaires. E dende entón o signo comeza a súa andaina pública. Primeiro en Milán, onde se converte en firma corrente nos panfletos e carteis dos xoves anarquistas, para despois volver a Francia e difundirse bastante rápido polo mundo adiante. Marianne Enckell di que non existen evidencias do uso da A circulada durante o maoo parisino e ter atopado escasas probas da sua presencia fora de Italia ata 1972-73.

É a comezos dos 70, cando a A circulada "explota" cunha espontánea apropiación simultanea por parte dos anarquistas en todo o mundo: un éxito estrepitoso que fixo decir a algún que, se o seu inventor patentara a A circulada, sería hoxe millonario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario